Secretaría Uvigo

2020 Premios Fin de Carreira de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2020_PFCG XUNTA
Data inicio solicitudes27/08/2020
Data fin solicitudes28/09/2020
Descripción

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos

a) Finalizar os estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Galicia

b) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
c) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
d) Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.

Documentacion

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, Trámite

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED415A
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Atrás