Bolsas de formación para desenvolver actividades de apoio aos programas de intercambio, 2018/19

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-1101
Data de inicio de solicitudes30/04/2018
Data de fin de solicitudes22/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2956
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación do alumnado colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas aos programas de intercambio e de cooperación internacional

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no prazo de presentación de solicitudes e durante todo o período de duración da bolsa en titulacións oficiais de grao ou mestrado.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Acreditar un nivel de coñecemento de lingua inglesa mínimo equivalente a un B2 segundo a táboa aprobada pola CRUE: http://www.crue.org/Documentos%20compartidos/Certificados%20para%20la%20acreditaci%C3%B3n%20de%20niveles%20de%20ingl%C3%A9s.pdf
  • Acreditar un nivel de coñecemento de galego mínimo equivalente ao Celga 4
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica oficial dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Acreditación do nivel de idioma de inglés B2 e no seu caso C1 e C2.
  • Acreditación do nivel de coñecementos doutros idiomas A2, B1, B2, C1, C2 no caso de posuílos.
  • Acreditación do nivel de coñecemento de galego Celga 4.
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe asinalo e presentalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

28/05/2018: Listaxe provisoria admitidos excluidos:

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 4 de xuño.

Documentos dunha fase de convocatoria:

08/06/2018: Listaxe provisoria do alumnado con bolsa concedida

Observacións

O prazo de alegacións remata o 15 de xuño

Documentos dunha fase de convocatoria:

25/06/2018 Listaxe definitiva do alumnado con bolsa concedida

Observacións

As persoas seleccionadas deberán presentarse o día 2 de xullo na Oficina de Relacións Internacionais (ORI), Edificio Miralles do campus de Vigo

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás