Secretaría Uvigo

Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPREUVIGO-20
Data inicio solicitudes01/09/2020
Data fin solicitudes09/10/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

Ten por obxecto financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico conforme ao artigo 21 da Lei 14/2011, de 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Convócanse 10 contratos predoutorais de nova adxudicación dunha duración de 3 anos sen posibilidade de prórroga.

Resérvase 1 contrato para solicitantes que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que se acredite a compatibilidade co traballo a desenvolver conforme ao obxecto desta convocatoria. De non ser finalmente concedido, acumularase aos contratos da quenda xeral.

Requisitos

a) Non gozar nin ter gozado destas axudas ou doutras hómologas a estas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario (FPU), Formación de doutoras e doutores (FPI), Xunta de Galicia ou equivalentes).
b) Estar matriculadas nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo no momento en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, requisito que será comprobado de oficio pola unidade tramitadora das axudas.
c)Ter completados 300 ECTS, dos cales alomenos 60 deben ser de formación de estudos oficiais de posgrao e consonte a normativa de matrícula da Universidade de Vigo para o curso 2020-2021.
A data de finalización dos estudos conducentes ao título universitario de licenciatura, enxeñaría, arquitectura grao ou equivalente ou a data de superación dos 60 ECTS dos estudos oficiais de posgrao debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2018 agás nos seguintes casos excepcionais que deberá ser posterior a 1 de xaneiro de 2015:
     - Quen acredite fidedignamente que se dedicaron á atención e coidado de menores de 3 anos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015.
     - Quen acredite fidedignamente que interromperon os seus estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron ao coidado de persoas maiores da familia en primeiro grao de parentesco.
     - Quen posúa unha discapacidade igual ou superior ao 33% debidamente acreditada mediante certificado expedido por autoridade competente.
     - Quen acredite fidedignamente que ten sido vítima de violencia de xénero.
No caso de que unha persoa posúa máis dun título, para os efectos das datas, considerarase a primeira titulación obtida que dea acceso ao doutoramento.
d) Estar adscritas ou comprometer a súa adscrición a un grupo de investigación da Universidade de Vigo formalmente rexistrado na Universidade de Vigo (SUXI). No caso de concesión da axuda, pedirase a acreditación da alta efectiva no grupo, con anterioridade á sinatura do contrato.
e) Non ter gozado destas axudas ou doutras homólogas a elas en anteriores convocatorias.
f) Non posuír un título de doutora ou doutor.
g) Ter unha nota media do expediente da titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura ou mestra/e ponderada pola nota media da titulación igual ou superior a 1. 

Documentacion

A documentación que deberá acompañar á solicitude é a detallada nas bases oitava e novena da convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 1 de setembro e permanecerá aberto ata o 9 de outubro de 2020.
As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación sinalada nas bases seguintes, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada. O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

 Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, única e exclusivamente, debe ser presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER,  sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para resolver6 meses
Ligazóns da convocatoria
Acceso ao SUXI a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Equivalencia notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros: http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html
Información sobre notas medias ISCED xeral e notas medias ISCED universidade: http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:50f08421-32b4-4609-8b23-44277340cce8/nm%20isced%20general%20y%20universidad%20fpu%202019.pdf
Información sobre notas medias ISCED estudos estranxeiros: http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:4b0706b6-eb50-44dd-89e4-af44f3c562e4/nm%20isced%20general%20y%20universidad%20estudios%20extranjeros%20fpu%202019.pdf
Niveis de competencia linguas estranxeiras CRUE: http://acreditacion.crue.org/SitePages/Mesas-linguisticas.aspx
Certificados admitidos idiomas estranxeiros ACLES: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_de_Certificados_septiembre_2020/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_1.pdf

Fase de concesión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de admisión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de convocatoria

Documentos da fase da convocatoria:

Documentos de apoio

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás