Secretaría Uvigo

Premios excelencia académica para alumnado que inicia estudos de mestrado na Universidade de Vigo, curso 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEXCELENCIA INICIO MÁSTER 20-21
Data inicio solicitudes25/07/2020
Data fin solicitudes30/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6103
Descripción

Obxecto:

Incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso nos estudos de Máster da Universidade de Vigo

Nº de premios: 15 distribuídos do seguinte xeito:

  • Artes e Humanidades: 2
  • Ciencias e Ciencias da Saúde: 2
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 7
  • Enxeñaría e Arquitectura: 4

Contía: 600 €

Requisitos
  • Estar matriculado por primeira vez en estudos de Máster na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.
  • Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00 calculada según o establecido no punto 6 desta convocatoria
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario online no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6103, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios excelencia académica inicio máster”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o 30 de setembro de 2020 ata as 23:59 horas (hora peninsular española).

 

Documentación:

deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • No caso de estudos de Grao cursados nunha universidade distinta á de Vigo, certificación académica dos estudos de Grao que lle dan acceso.
  • No caso de alumnado que accede ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás