Secretaría Uvigo

Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Máster, 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-2020 EGERIA
Data inicio solicitudes24/07/2020
Data fin solicitudes21/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6077
Descripción

Obxecto:

Recoñecer, publicitar e premiar os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Máster (TFM) que inclúan a perspectiva de xénero realizados polo alumnado da Universidade de Vigo.

Nº de premios:

  • Convócase 1 premio de TFG por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico – Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades
  • Convócase 1 premio de TFM por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico - Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades

Contía:

  • Premio de TFG: 500 €
  • Premio de TFM: 600 €

 

Requisitos

Ter presentado o Traballo Fin de Grao ou Fin de Máster na Universidade de Vigo no curso 2019/2020 e obter unha cualificación mínima de 8

Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6077 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios Egeria”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

 

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Documentación:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica) :

  1. O TFG/TFM en formato pdf.
  2. Resumo, en formato pdf , de como máximo 500 palabras. Non poderá conter elementos identificativos sobre a súa autoría ou titoría pero si indicar a que grao ou máster corresponde
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

28/09/2020 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 13 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6038

 

Documentos da fase da convocatoria:

09/11/2020 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o día 23 de novembro 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa denegación.

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6038

Documentos da fase da convocatoria:

02/12/2020 Listaxe definitiva de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás