Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2017/18

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código20172018BMD
Data de inicio de solicitudes26/04/2018
Data de fin de solicitudes31/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=bolsasMaster&accion=listaConvocatoriasActivas
Descripcion

Estas bolsas teñen por obxecto contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da asistencia a cursos, congresos, e  realización de actividades incluídas na súa programación académica, que impliquen desprazamento.

Requisitos

Poderá solicitar bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2017/18 nalgún dos programas de doutoramento sinalados no Anexo II.
  • Realizar durante o curso 2017/2018 a actividade, que de acordo coa súa programación académica, implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. O desprazamento terá que estar iniciado antes do 01/10/2018.
  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou congreso/curso; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino (no caso de cursos e congresos indicar o tipo de participación e achegar unha copia da comunicación que se vai a presentar, de ser o caso); e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

  • Currículo
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 37 61
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

18/06/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 2 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

03/08/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e de agarda

Observacións

Prazo de alegacións ata o 21 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:

11/10/2018 Corrección erros da listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 26 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

07/11/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e de agarda

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás