Axudas acción social matrícula do persoal do SUG, curso 2020/2021
Tipo | Acción social |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2020_2021 MAT SUG |
Data inicio solicitudes | 21/07/2020 |
Data fin solicitudes | 31/05/2021 |
Descripción | O importe das axudas será o correspondente aos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas, incluídos os importes dos recoñecementos. A aplicación da axuda ao persoal das Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela e os seus beneficiarios queda condicionada á compensación por parte destas institucións dos importes correspondentes. A contía desta axuda ten a consideración de retribución en especie e como tal está suxeita a tributación como rendemento do traballo, e polo tanto, sometida ao sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais incluirase na base de cotización. |
Requisitos | Requisitos: 1. Estar incluído nalgún dos seguintes colectivos:
2. Son Beneficiarios/as: a) A persoa solicitante. b) O cónxuxe ou persoa coa que conviva maritalmente. b) As fillas e fillos de calquera dos anteriores menores de 28 anos no caso de estudos de Grao, os 30 anos no caso de estudos de Máster e os 33 nos estudos de Doutoramento, a 31 de outubro de 2020. |
Documentacion | No momento da matrícula o alumnado marcará a exención de “axudas persoal UVIGO, UDC, USC”, dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos. No mesmo instante achégase correo electrónico á persoa titular do dereito para que manifeste a súa conformidade respondendo ao correo enviado. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude deberá aboar os prezos públicos correspondentes. As persoas solicitantes deberán presentar ata o 19 de setembro ou no caso de matrículas posteriores a esa data 10 días naturais desde a matrícula, de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos, a seguinte documentación a través do formulario electrónico:
|
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |
Teléfono: | 986 130 116 |
Correo electrónico: | prezospublicos@uvigo.es |
30/06/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Alegacións ata o 14 de xullo de 2021 ás 23:59 horas a través do formulario de alegacións existente na secretaría virtual https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7897 posteriormente hai que descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o formulario. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
27/07/2021 Listaxe definitiva de Axuda Acción Social - Concedidas e denegadas
Documentos da fase da convocatoria: | |