Secretaría Uvigo

Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións no Máster de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, curso 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 PREMIOS MEIA
Data inicio solicitudes24/07/2020
Data fin solicitudes21/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6107
Descripción

Obxecto:

Recoñecer e incentivar ao alumnado con aproveitamento académico excelente no Máster de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

Nº de premios: 2

Contía:

A contía máxima de cada premio será de 250 €.

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2019/2020 no Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados
  • Presentar e superar o TFM no curso 2019/2020
Documentacion

Solcitude:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario online  no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6107 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios ós mellores expedientes no máster estudos ingleses avanzados” achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

 

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás