Secretaría Uvigo

Axudas para redactar e defender en galego Teses de doutoramento e Premios á Calidade Lingüística nos Traballos Fin de Grao e Mestrado, 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 REDACCIÓN TEXTOS GALEGO
Data inicio solicitudes17/07/2020
Data fin solicitudes21/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6079
Descripción

Convócanse:

a) Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento presentadas no curso 2019/2020 polo alumnado da Universidade de Vigo.

b) Premios como recoñecemento á calidade lingüística distribuídos entre os traballos de fin de grao e de mestrado presentados no curso 2019/2020, garantindo, en todo caso, dous premios por rama de coñecemento en grao e un premio por rama en mestrado

Contías máximas:

  • Para as teses de doutoramento: 600 €
  • Para os traballos de fin de grao e os traballos de fin de mestrado: despois da adxudicación dos premios ás teses de doutoramento, o importe adxudicado será o resultado de repartir entre as persoas seleccionadas o crédito restante, ata un máximo de 400 €.

Durante a vixencia desta convocatoria, cada persoa só poderá recibir a axuda por un dos conceptos recollidos nela.

 

Requisitos
  • Presentar e defender a tese de doutoramento, o traballo de fin de grao ou o traballo de fin de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2019/2020 e, en todo caso, antes do 21 de setembro de 2020.
  • Redactar e defender as teses e os traballos fin de grao e de mestrado integramente en lingua galega, para o que debe presentar o informe do director/a ou titor/a no curso 2019/2020.
  • Obter unha cualificación mínima de notable (8) no traballo de fin de grao ou no traballo de fin de mestrado.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6079, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte de publicarse esta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico informacion@uvigo.es

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Declaración do director/a da tese ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu en lingua galega (anexo II).
  • Copia en formato PDF do traballo ou da tese.
Observacións

A comisión avaliadora encargarase de seleccionar os traballos presentados de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003), e de acordo cos seguintes criterios:

  • Coñecemento da gramática: 40 %
  • Calidade na redacción: 20 %
  • Uso correcto da terminoloxía especializada: 20 %
  • Emprego da linguaxe inclusiva: 10 %
  • Ortotipografía: 10 %

Non se avaliarán os textos que obteñan unha nota inferior a 3 (sobre 4) no apartado de coñecemento da gramática.

Terán prioridade os premios adxudicados ás teses de doutoramento

No caso de non outorgarse os premios previstos por rama, adxudicaránselles ás persoas solicitantes doutras seguindo a orde prevista na listaxe de agarda, ata esgotar o crédito orzamentario.

A Universidade de Vigo, por medio da Área de Normalización Lingüística, ofrécelles apoio lingüístico e asesoramento resumido nas seguintes actividades:

    • Servizo de consulta lingüística e terminolóxica.
    • Asesoramento na corrección das teses
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Teléfono: 986 81 40 94

05/10/2020 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 20 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude.

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6038

 

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás