Secretaría Uvigo

Axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria - 1º cuadrimestre

TipoObradoiros
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020/2021 - 1 - OBR
Data inicio solicitudes30/06/2020
Data fin solicitudes09/07/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6065
Descripción

Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria no 1º cuadrimestre do curso 2020/2021.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

A persoa solicitante, en calidade de coordinador ou coordinadora do obradoiro proposto, deberá acreditar relación coa temática do obradoiro que solicita e impartir un mínimo do 20% das horas do obradoiro.

Unha mesma persoa só poderá presentar, en calidade de coordinador/a, un máximo de 3 solicitudes.

Documentacion

Solicitude:

A persoa encargada da coordinación do obradoiro proposto deberá encher o modelo oficial de solicitude/formulario que se atopa na  secretaría virtual da Universidade de Vigo  e asinalo dixitalmente.

A presentación do citado formulario será a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) (achegando unicamente a solicitude e non os anexos) e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a  celebrar o obradoiro.

Presentación de solicitudes:  O prazo de presentación de solicitudes remata o día 9 de xullo de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Documentación:

Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do obradoiro):

-Anexo II: Datos do obradoiro.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento do obradoiro, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, no suposto que a Universidade de Vigo perciba ingresos por entidade(s) e/ou institucion(s) deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado.

Documentos da convocatoria

03/08/2020 Listaxe definitiva de solicitudes concedidas - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

24/07/2020 Listaxe provisional solicitudes concedidas - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

23/07/2020 Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

15/07/2020 Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite - Campus Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

31/07/2020 Listaxe definitiva de solicitudes concedidas - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

23/07/2020 Listaxe provisional de solicitudes concedidas - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

23/07/2020 Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

15/07/2020 Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite - Campus Ourense

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás