Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros, 2020/2021

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 FORM CENTROS
Data inicio solicitudes17/06/2020
Data fin solicitudes17/07/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6081
Descripción

Obxecto:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Nº de bolsas: 35

Duración: 9 meses iniciándose non antes do 1 de outubro de 2020 e finalizando o  30 de xuño do 2021.  

Contía

A contía bruta será como máximo 360 €/mes

 

Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2019 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado no curso 2020/2021, durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no Anexo II, no campus ó que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 30 de setembro de 2020.
  • No caso de matrícula en titulacións de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico.
  • Cumprir os requisitos específicos sinalados no Anexo II. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico .
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cumprimentar o formulario online, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude

Presentación solicitudes: dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 17 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentación:

Deberán subir ao formulario online a seguinte documentación en formato pdf. (Non hai que subir a documenctación á Sede electrónica)

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  • Os documentos que correspondan en cada caso, segundo os criterios específicos de selección establecidos no anexo II:
  • Cursos relacionados co perfil formativo
  • Currículo
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados
Observacións

As persoas solicitantes deberán establecer unha orde de prioridade que será vinculante

Tipos de bolsas:

CAMPUS OURENSE

Facultade de Ciencias de Ourense

Tratamento e difusión actividades relacionadas coa titulación - 1 bolsas-15

Facultade de Historia de Ourense

Tratamento e difusión actividades relacionadas coa titulación - 1 bolsas-15

Facultade de Ciencias da Educación de Ourense

Tratamento e difusión actividades relacionadas coa titulación – 2 bolsas 15

Escola de Enxeñaría Aeroespacial de Ourense

Formación en equipamento e técnicas do ámbito aeroespacial – 1 bolsas-15

CAMPUS PONTEVEDRA

Facultade de Fisioterapia de Pontevedra

Difusión e promoción da fisioterapia - 1 bolsas-15

Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

Tratamento e difusión actividades relacionadas coa titulación - 1 bolsas-15

Formación en equipamento e técnicas de laboratorio do ámbito forestal - 1 bolsas-15

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Sistemas informáticos audiovisuais – 1 bolsas-15

Formación en técnicas de Risografía – 1 bolsas-15

Técnicas de impresión 3D e de cortadora láser –1 bolsas-15

Sistemas informáticos da creación en arte – Perfil audiovisual - 1 bolsas-15

Sistemas informáticos da creación en arte – Perfil gravado - 1 bolsas-15

Sistemas informáticos da creación en arte – Perfil fotografía - 1 bolsas-15

Deseño téxtil – 1 bolsas-15

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra

Sistemas informáticos e audiovisuais – 2 bolsas-15

Equipamento de plató de TV e fotografía – 1 bolsas-15

Equipos de son – 1 bolsas 15

Técnicas de edición e post produción de vídeo – 1 bolsas-15

CAMPUS VIGO

Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía

Divulgación científica – 2 bolsas-15

Facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar

Sistemas informáticos e difusión de actividades relacionadas coas titulacións – 3 bolsas-15

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo

Sistemas informáticos e difusión de actividades relacionadas coa titulación – 3 bolsas-15

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Tradución de textos – 2 bolsas-15

Escola de Enxeñaría Industrial

Tradución de textos – 2 bolsas-15

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo

Tratamento e difusión actividades relacionadas coas Titulacións– 1 bolsa-15

Facultade de Filoloxía e Tradución

Tratamento e difusión actividades relacionadas coas Titulacións– 2 bolsas-15

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

08/09/2020 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 15 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario online dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás