Bolsas para realización de prácticas en Centros Tecnolóxicos do Campus do Mar, curso 2017/18

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2017-0502
Data de inicio de solicitudes11/04/2018
Data de fin de solicitudes24/04/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2943
Descripcion

O obxecto da bolsa é potenciar a incorporación dos estudantes ao mercado laboral, proporcionando, ademais, ferramentas formativas e orientación profesional para encher o baleiro existente entre a súa formación no ámbito mariño e a súa aplicación práctica.

Os obxectivos específicos son:

  • A formación de profesionais que respondan ás necesidades do mercado laboral e tecnolóxico fomentando a empregabilidade dos recién titulados que desexen desenvolver a súa carreira profesional en ámbitos mariños.
  • A colaboración dos centros tecnolóxicos e de investigación, na formación dos futuros profesionais, contribuíndo a introducir con realismo os coñecementos que o traballo cotiá exixe na formación do universitario.
  • Proporcionar un punto de encontro entre a oferta e a demanda de emprego de carácter mariño de alto valor engadido a escala nacional e internacional
Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado matriculado nalgunha das universidades do SUG no curso 2017/2018 nas titulacións de mestrado especificadas no Anexo II da convocatoria, e manter a condición de matrícula durante todo o período de duración da bolsa.

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos que lle deron acceso ao mestrado no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Xustificante de matrícula do curso 2017/2018 no caso de tratarse dunha universidade distinta á de Vigo.
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Enderezo web: https://novo.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Teléfono: 986814094
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es

02/05/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 9 de maio

Documentos dunha fase de convocatoria:

14/05/2018 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 22 de maio

Documentos dunha fase de convocatoria:

25/05/2018 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

As persoas seleccionadas deberán presentarse o día 1 de xuño as 9:00 horas no correspondente centro tecnolóxico

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás