Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2020/2021

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 FORM INFORMÁTICA
Data inicio solicitudes17/06/2020
Data fin solicitudes17/07/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6080
Descripción

Obxecto:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Nº de bolsas: 84

Duración:10 meses iniciándose non antes do 1 de outubro de 2020 e finalizando o  31 de xullo de 2021

Contía:

A contía bruta será como máximo:

  • Bolsas-20: 20 horas semanais: 480 €/mes 
  • Bolsas-15: 15 horas semanais: 360 €/mes
  • Bolsas-10: 10 horas semanais: 240 €/mes

 

Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2019 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado no curso 2020/2021 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no Anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 30 de setembro de 2020.
  • No caso de matrícula en titulacións de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico.
  • Cumprir os requisitos específicos sinalados no Anexo II. Para estes efectos terase en conta os prazos establecidos pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cumprimentar o formulario online, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude

Presentación solicitudes: dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 17 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentación:

Deberán subir ao formaulario online a Certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo. Non é preciso subir a documentación á Sede electrónica

 

 

Observacións

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade que será vinculante

Tipos de bolsas:

CAMPUS OURENSE

SAUM

Sistemas informáticos – 3 bolsas-20

Vicerreitoría do campus de Ourense

Sistemas informáticos e audiovisuais – 2 bolsas-15

Facultade de Ciencias de Ourense

Sistemas informáticos – 2 bolsas-15

Facultade de Ciencias da Educación de Ourense

Sistemas informáticos – 4 bolsas-15

Facultade de Ciencias Empresariais e do Turismo de Ourense

Sistemas informáticos – 4 bolsas-15

Facultade de Dereito de Ourense

Sistemas Informáticos – 1 bolsa-15

Facultade de Dereito de Ourense

Sistemas Informáticos avanzados – 2 bolsas-10

Escola de Enxeñaría Informática de Ourense

Sistemas informáticos avanzados – 9 bolsas-10

CAMPUS PONTEVEDRA

SAUM

Sistemas informáticos – 1 bolsa-20

Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

Sistemas informáticos – 1 bolsa-15

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Sistemas informáticos- 2 bolsas-15

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra

Sistemas informáticos e audiovisuais- 3 bolsas-15

CAMPUS VIGO

SAUM - CENTRAL

Sistemas informáticos – 4 bolsas-20

SAUM – BIBLIOTECA CENTRAL

Sistemas informáticos – 1 bolsas-20

SAUM – ÁMBITO TECNOLÓXICO- SEDE CAMPUS

Sistemas informáticos – 2 bolsas-20

SAUM – ÁMBITO TECNOLÓXICO – CAMPUS TORRECEDEIRA

Sistemas informáticos – 1 bolsas-20 (1 BOLSA E.U EMPRESARIAIS)

SAUM – ÁMBITO CIENTÍFICO

Sistemas informáticos – 2 bolsas-20

SAUM – ÁMBITO HUMANIDADES/XURÍDICO SOCIAL

Sistemas informáticos – 5 bolsas-20

ATIC COMUNICACIÓNS

Sistemas informáticos – 1 bolsa-20

ATIC TELEDOCENCIA

Sistemas informáticos – 4 bolsas-20

Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía

Sistemas informáticos –1 bolsa-15

Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións

Sistemas informáticos – 6 bolsas-15

Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo – sede campus

Sistemas informáticos – 11 bolsas-15

Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo – sede cidade

Sistemas informáticos – 6 bolsas-15

Escola de Empresariais de Vigo

Sistemas informáticos – 1 bolsa-15

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo

Sistemas informáticos – 3 bolsas-15

Facultade de Filoloxía e Traducción

Sistemas informáticos –1. bolsas-15

Campus do Mar

Sistemas informáticos e audiovisuais – 1 bolsa 15

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

08/09/2020 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 15 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario online dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

23/09/2020 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de outubro ás 23:59 h (hora peninsular española).

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario online dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

13/10/2020 Resolución definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás