Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2019/2020

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BMD
Data inicio solicitudes28/05/2020
Data fin solicitudes30/06/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6068
Descripción

Obxecto:

Contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de estadías que permiten o recoñecemento de mención internacional e demais actividades incluídas na súa programación académica, que impliquen desprazamento

Contías máximas:

DESTINO

Desprazamento inferior a 28 días

Estadía de 28 días en adiante

Galicia

100 €

100 €

Península Ibérica e Baleares

250 €

750 €

Canarias

450 €

950 €

Europa e hemisferio norteafricano

500 €

1.300 €

Asia e Oceanía

1.000 €

1.800 €

Resto do mundo

800 €

1.600 €

Requisitos
  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2019/20 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
  • Realizar durante o curso 2019/2020 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. No caso de estadías de investigación deberá ter unha duración mínima de 28 días.
  • O desprazamento terá que estar iniciado antes do 01/10/2020, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).
  • Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
  • Para alumnado que ingresara no curso 2017/18 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
    • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2018/19.
    • Para alumnado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6068, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Documentación:

As persoas solicitantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou congreso/curso, duración do desprazamento, proposta da actividade a realizar no destino, e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese e da comisión académica do programa.

  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas
Observacións

Obrigas:

As persoas beneficiarias están obrigadas a enviar á Sección de Bolsas no prazo de 1mes dende a finalización da actividade subvencionada a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso ou estadía na que figuren as datas de inicio e fin

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: areabolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94

10/07/2020 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 24 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española)

 

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás