Bolsas para o inicio de estudos en Máster oficial, 2017/18

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código20172018 Inicio Máster
Data de inicio de solicitudes27/03/2018
Data de fin de solicitudes20/04/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://seix.uvigo.es
Descripcion

Estas bolsas teñen por obxecto financiar os gastos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial no curso 2017/2018 afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo)

Requisitos

Requisitos xerais

a) Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España.

b) Non estar incluído nos casos de exención total de matrícula previstos no Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional nas ensinanzas universitarias para o curso 2017/2018.

c) Poderá obterse a condición de beneficiario destas axudas aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en consonancia co disposto no artigo 4.5 do Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas.

Requisitos académicos

a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2017/2018, dun mínimo de 60 créditos.

b) Obter nos estudos previos que lles dean acceso ao máster unha nota media inferior a:

       -  6,5 no caso de estudos de máster que habiliten para o exercicio dunha profesión regulada.

       -  7 nos restantes estudos de máster.

c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos económicos

Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MECD de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2017/2018.

Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

  • Copia do NIF de todos os membros computables da unidade familiar. En caso de estudantes estranxeiros non comunitarios, será obrigatorio a presentación do NIE e os de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España.
  • Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade familiar (sentenza de divorcio, certificado de convivencia da unidade familiar, independencia económica e familiar...).
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda (familia numerosa, orfandade, certificado de discapacidade, irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior ...)
  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar.
  • No caso de que os estudos de acceso ao máster foran realizados nunha universidade distinta á de Vigo, copia da certificación académica persoal.
  • Calquera outro documento que a comisión de selección estime necesario para a correcta resolución da solicitude e que lle sexa solicitado.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Teléfono: 986 81 36 11 - 986 81 36 12
Enderezo web: https://novo.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

29/05/2018 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 12 de xuño

Documentos dunha fase de convocatoria:

05/07/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas

Observacións

O prazo de alegacións remata o 19 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

26/07/2018 Listaxe definitiva bolsas concedidas_denegadas

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás