Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o alumnado dos Mestrados Universitarios, 2019/2020

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BMM
Data inicio solicitudes07/05/2020
Data fin solicitudes29/05/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6043
Descripción

Obxecto:

Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo que se teñan que desenvolver nun lugar diferente ao da sede dos mestrados:

  • Química teórica e modelización computacional
  • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  • Xenómica e Xenética

Contía:

 

< 7 días gastos residencia

>= 7 días

>= 1 mes

Península e Baleares

200€

500€

750€

Canarias e resto de Europa

500€

750€

1.000€

Resto do mundo

750€

1.000€

1.000€

Desprazamento diario sen cambio de residencia

100 €

*aplicable así mesmo aos desprazamentos de mais de 50 km que acrediten documentalmente a pernocta

Requisitos
  1. Estar matriculado no curso 2019/2020, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado:
    • na totalidade dos créditos do 1º curso dos mestrados de:
      • Química teórica e modelización computacional
      • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
    • a templo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que queden para finalizar os estudos no caso do mestrado de:
      • Xenómica e Xenética
    • Non estar en posesión dun título de mestrado oficial
    • Realizar entre o 1 de setembro de 2019 e o 11 de setembro de 2020 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario online no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6043, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude

Solicitudes dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 29 de maio de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentación:

As persoas solicitantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • A certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado de telos feitos nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.
  • O currículo no que se sinalará, as titulacións, cursos, actividades de investigación e difusión (congresos, publicacións...) e experiencia profesional relacionada cos estudos de Mestrado a realizar.
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa segundo o modelo do anexo II: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou entidade; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación.
Observacións

Obrigas:

As persoas beneficiarias deberán presentar documentación acreditativa da participación na actividade subencionada no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás