Secretaría Uvigo

Bolsa para difusión da investigación do alumnado de Doutoramento en Protección do patrimonio cultural 2019/20

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 DIFUSION PATRIM CULTURAL
Data inicio solicitudes05/05/2020
Data fin solicitudes29/05/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6033
Descripción

Obxecto:

Axudar á difusión dos resultados das investigacións realizadas durante o período de formación do alumnado de doutoramento a través de publicacións científicas de impacto, congreso internacional ou canle equivalente

Conceptos da axuda:

  • Publicación dun artigo científico seleccionado nunha revista científica indexada Open Access.
  • Tradución ó idioma inglés dun artigo científico para o seu envío a unha revista científica indexada.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo científico presentado como comunicación oral nun congreso internacional con comité científico internacional.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo orientado á exposición museística
  • Participación como editor dunha revista científica indexada

Contía máxima da axuda: o custo derivado da tradución e/ou publicación do artigo ou edición da revista

 

 

Requisitos
  • Estar matriculado no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural no curso académico 2019/20 na Universidade de Vigo.
  • Ter superadas as seguintes actividades formativas:
    • Iniciación á investigación
    • Xestión de bases e información científica
    • Comunicación e difusión de traballos de investigación
    • Defensa do plan de investigación (todas as correspondentes ás anualidades anteriores ao ano en curso)
  • Estar en disposición de enviar un artigo ou traballo científico a un dos medios de difusión descritos no punto 1, cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou exercer activamente como editor dunha revista científica indexada no momento de publicación da presente convocatoria.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6033 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude

Solicitudes dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 29 de maio de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentación:

As persoas solicitantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Compromiso asinado polas persoas directoras da tese conforme o/a alumno/a está en disposición de enviar ao medio de difusión solicitado un artigo ou traballo científico cos resultados das súas investigacións cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou conforme o/a alumno/a exerce como editor dunha revista científica indexada.
  • Currículo correspondente ás actividades realizadas nos cursos 2017/18 e 2018/19.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma finalidade que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas
Observacións

Aceptación do artigo:

As persoas beneficiarias deberán presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) dirixido á Sección de Axudas e Bolsas a aceptación do artigo proposto por parte do medio de difusión (publicación, congreso ou equivalente) no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a publicación da resolución definitiva de axudas concedidas. No caso dos editores de revista, deberán xustificar no mesmo prazo a labor como editor de revista indexada (número de artigos xestionados). 

Obrigas das persoas beneficiarias:

Enviar á Sección de Bolsas e Axudas no prazo máximo de 45 días desde a aceptación da publicación (DOI ou equivalente) a evidencia que avale a publicación definitiva do artigo científico, a presentación da comunicación oral en congreso, ou equivalente.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Atrás