Axudas para redactar e defender Teses de Doutoramento, Traballos Fin de Grao e Máster en galego, 2017/18

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBPTG1718
Data de inicio de solicitudes22/03/2018
Data de fin de solicitudes31/08/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2941
Descripcion

O fin desta convocatoria é incentivar o uso do galego nas teses de doutoramento, nos traballos de fin de grao (TFG) e nos traballos de fin de mestrado (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo, así como premiarmos o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma e incrementar o patrimonio dos textos redactados.

Requisitos

Poderá solicitar estas axudas o alumnado da Universidade de Vigo que cumpra os seguintes requisitos:

  • Presentar e defender a tese de doutoramento, o traballo de fin de grao ou o traballo de fin de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 e, en todo caso, antes do 31 de agosto de 2018.
  • Redactar e defender as teses e os traballos fin de grao e de mestrado integramente en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua galega (NOMIG, 2003).
  • Ter cando menos a cualificación de aprobado (5) para conceder as axudas de redacción e de defensa en galego.
  • Obter unha cualificación mínima de notable (7) no traballo fin de grao ou no traballo de fin de mestrado para acadar o recoñecemento da calidade lingüística.
Documentacion

Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación:

  • Declaración do director/a da tese ou do titor/a do TFG ou do TFM de que o traballo se redactou e se defendeu en lingua galega (anexo iii)
  • Copia impresa ou electrónica do traballo (programa ou aplicación estándar)
  • Calquera outro documento que se lle requira porque resulta necesario para resolver o procedemento
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás