Bolsa de Deportes-Campus de Vigo 2017/2018

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoDVPA2017/2018
Data de inicio de solicitudes14/06/2017
Data de fin de solicitudes30/06/2017
Descripcion

Resolución Reitoral do 12 de xuño de 2017 pola que se convocan dúas bolsas de formación complementaria do estudantado da Universidade de Vigo, na área de benestar, saúde e deportes do campus de Vigo para o apoio en labouras de promoción das actividades, durante o curso 2017/2018.

 

 

Requisitos

Estas bolsas están destinadas ao estudantado da Universidade de Vigo que estea cursando estudos de grao, ou máster oficial no curso 2017/2018 e manteña a condición de alumno/a destes estudos durante todo o período de duración da bolsa.

Para as bolsas do Tipo A-Bolsa de comunicación-redes sociais: o alumnado debe estar matriculado no último curso do grao en Publicidade e Relacións Públicas, en Comunicación Audiovisual ou no máster oficial en Dirección de Arte Publicitaria.

Para as bolsas do Tipo B-Bolsa de comunicación-internacionalización: o alumnado debe estar matriculado no último curso nos graos en Linguas Estranxeiras ou Tradución e Interpretación.

Documentacion

Fotocopia do nif

Certificación académica no caso de proceder dunha universidade distinta á de Vigo

Certificación dos cursos de formación que se presenten como currículo

Solicitude de compatiblidade coa bolsa

Impreso cuberto cos datos bancarios

Declaración responsable de estar a corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 813761
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/

17/07/2017 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 24 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

09/08/2017 Listaxe definitiva de admitidos e excluídos

Documentos dunha fase de convocatoria:

11/09/2017 Listaxe provisional de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 19 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

25/09/2017 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e listaxe de agarda

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás