Secretaría Uvigo

Bolsas Digi Talent de prácticas en empresas do sector TIC

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2020_PRÁCTICAS TIC
Data inicio solicitudes06/03/2020
Data fin solicitudes05/04/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.xunta.gal/portada
Descripción

Oferta de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico que estean a desenvolver proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como BigData, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións Cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, economía colaborativa ou wearables.

Durante a realización das prácticas, os bolseiros recibirán formación teórico-práctica e contarán co asesoramento, orientación e dirección dos responsables das empresas TIC

Requisitos

 Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa
Comunidade Autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación
de grao.
• Ser menor de 31 anos.
• Non ter desfrutado doutra beca de formación de Feuga para estudantes universitarios,
por período superior a 9 meses.
• Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
CVE-DOG: dzrmixr6-hcm9-7z10-0ii7-8apqlml7n7q3
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14926
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
• Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser
considerado/a beneficiario/a de subvencións.
• Ter aprobados, na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, máis
do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha
das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nas áreas de coñecemento
seguintes:
– Artes e Humanidades: grao en Información e Documentación, grao en Filosofía, etc.
– Ciencias: Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc.
– Ciencias da Saúde: grao en Medicina, grao en Psicoloxía, etc.
– Ciencias Sociais e Xurídicas: grao en Administración e Dirección de Empresas, grao
en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información, etc.
– Enxeñaría e Arquitectura.
• Non ter sido beneficiario dunha beca da Xunta de Galicia ou da Amtega co mesmo
obxecto da convocada. Exceptúanse aqueles supostos en que, por razón non imputables
ao beneficiario, non puidese desfrutar da beca concedida.
• Os/as interesados/as deberán estar rexistrados no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es, ter cubertos correctamente os datos de perfil e curriculo
e achegar a documentación requirida no punto quinto.

Documentacion

Consultar a convocatoria no seguinte enlace: https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

Observacións

Para calquera consulta relacionada, os/as interesados/as poden dirixirse ao número de
teléfono da Feuga (981 53 41 80

Atrás