Secretaría Uvigo

Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense - INOU 2020

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINOU-20
Data inicio solicitudes14/02/2020
Data fin solicitudes09/03/2020
Descripción

A presente convocatoria ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense, apoiando as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do Campus de Ourense-Campus da Auga. Para iso financiaranse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura e a gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos, especialmente os relacionados coa especialización do Campus da Auga, ou calquera outro sempre que se xustifique axeitadamente a súa relación coa provincia de Ourense.

Ao mesmo tempo pretende ser unha vía para que persoal investigador a tempo completo máis novo e os que teñan máis dificultades para acudir a outras convocatorias, podan poñer en marcha os seus proxectos.

Esta convocatoria persegue impulsar a interacción entre grupos de investigación do Campus de Ourense de distintos ámbitos de coñecemento a) Matemáticas, Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde, b) Ciencias Xurídico-Sociais, c) Humanidades e Creación Artística d) Tecnoloxía.

Requisitos

Características dos proxectos

Co fin de garantir a colaboración entre distintos ámbitos de coñecemento, a solicitude consistirá na proposta dun proxecto coordinado formado, como mínimo, por dous subproxectos. O proxecto coordinado terá, polo menos, participación de dous ámbitos de coñecemento, independentemente do número de subproxectos que o conformen. Cada subproxecto terá asignado un/unha investigador/a principal, sendo un deles, ademais, o/a investigador/a coordinador/a, que será o/a que presente a solicitude.

Os grupos de investigación deberán estar rexistrados no catálogo de grupos de investigación da Universidade de Vigo e só poderán participar nun subproxecto por grupo.

Requisitos específicos do persoal investigador

Requisitos do persoal investigador principal do proxecto coordinado e dos subproxectos:

  • Ter unha relación contractual laboral a tempo completo coa Universidade de Vigo como mínimo ata a data de finalización da execución da subvención, queda excluído o persoal investigador contratado con cargo a proxectos de investigación.
  • Desenvolver a súa tarefa investigadora no Campus de Ourense. Entenderase que a pertenza a unha das Xuntas de Centro deste Campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Non ter sido investigador/a principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.
  • Non ter recibido financiamento desta convocatoria no ano 2019 como investigador/a principal.
  • Non ter sido investigador/a principal de dúas ou máis axudas INOU nas 5 últimas convocatorias.
  • Ningún investigador/a principal poderá figurar na solicitude de máis dun subproxecto.

 Requisitos do persoal do equipo de investigación:

  • Cada subproxecto terá que estar apoiado por un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar, vinculados co Campus de Ourense durante todo o período de execución do proxecto, con dedicación a tempo completo, queda excluído o persoal contratado con cargo a proxectos de investigación.
  • Non ser actualmente investigador/a principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.
  • Ningún investigador/a poderá figurar na solicitude de máis dun subproxecto

 

Documentacion

A solicitude estará composta dos seguintes apartados:

  • Datos da persoa solicitante coordinadora do proxecto.
  • Resumo do proxecto coordinado.
  • Xustificación do interese do tema do proxecto coordinado e estado actual do tema.
  • Memoria de coordinación.
  • Datos dos membros do equipo de cada subproxecto (como mínimo o/a investigador/a principal máis dous/dúas investigadores/as por subproxecto).
  • Resumo por subproxecto.
  • Obxectivos xerais e específicos de cada subproxecto e resultados a obter relacionados cos obxectivos e as tarefas dos subproxectos.
  • Planificación de tarefas, descrición e tempo de dedicación do persoal investigador asignado a cada tarefa.
  • Orzamento solicitado por subproxecto con indicación dos conceptos de gasto e indicación do importe de cada concepto.
  • Relación dos dez méritos máis relevantes por subproxecto dos recollidos no anexo II (como mínimo dous méritos de cada un dos/as investigadores/as principais), indicarase para cada un dos méritos o código de valoración, a súa descrición e a puntuación que lle corresponde, así como a documentación xustificativa
Observacións

As solicitudes deberán ser cumprimentadas empregando o formulario anexo a esta convocatoria e, unha vez asinadas, presentaranse antes do 09 de marzo de 2020 ás 14:00 horas, no Rexistro auxiliar do campus de Ourense, dirixidas á Vicerreitoría do Campus de Ourense.

Documentos da convocatoria

Listaxe provisoria de solicitudes admitidas/excluídas INOU2020

Descrición

Listaxe provisoria de solicitudes admitidas/excluídas INOU2020

Observacións

Establécese un prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación desta resolución, para, de ser o caso, emendar as causas de exclusión ante a Vicerreitoría do Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas/excluídas INOU2020

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisoria de solicitudes concedidas_denegadas INOU2020

Descrición

Listaxe provisoria de solicitudes concedidas/denegadas INOU2020

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitiva de solicitudes concedidas/denegadas INOU2020

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás