Secretaría Uvigo

Convocatoria 2020 de axudas propias á mobilidade para persoal investigador e técnico da agrupación estratéxica CITACA

TipoConvocatorias de I+D+i
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCITACA-MOV-2020
Data inicio solicitudes11/02/2020
Data fin solicitudes26/02/2020
Descripción

A convocatoria ten como obxectivo contribuír a financiar o desprazamento de persoal investigador e técnico de CITACA para completar a formación, realizar actividades de investigación, facilitar o intercambio de coñecemento científico, favorecer a transferencia e difusión de resultados, e promover a internacionalización da actividade investigadora do persoal adscrito a CITACA.

Requisitos

As axudas obxecto desta convocatoria poderán ser solicitadas polo persoal investigador e técnico que desenvolva a súa actividade investigadora nalgún dos grupos adscritos á Agrupación Estratéxica CITACA.
Cada solicitante poderá presentar unha solicitude para cada modalidade, priorizando a que considere. De forma xeral soamente poderá ser financiada unha delas, excepto no caso de que non se esgote o crédito dispoñible, situación na que se podería chegar a financiar as dúas solicitudes dun mesmo solicitante.

Documentacion

Contido das solicitudes
7.1. Modalidade A. Axudas para viaxes
As solicitudes presentadas deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  1. Solicitude de Participación (Anexo I)
  2. Documentación acreditativa das características, lugar, e data de celebración da actividadepara a que solicita financiamento
  3. Documentación acreditativa da participación na actividade para a que se solicitafinanciamento. Por exemplo: Abstract da comunicación a congreso; Invitación/Convocatoria á participación en reunión científica ou a reunión preparatoria de proxectos de investigación, etc
  4. Orzamento coa previsión dos custes da actividade para os que se solicita financiamento:
    • Custes de mobilidade:
      ?Factura proforma de custes de desprazamento.
      ?Cálculo dos custes de aloxamento, dacordo ao Anexo II, incluindo este cálculona solicitude de participación. (Anexo I).
    • Custes de inscrición:
      ?Xustificante do custe de inscrición
  5. Documento de Declaración de Axudas (Anexo III)

7.2. Modalidade B. Axudas para estadías en centros de investigación
As solicitudes presentadas deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  1. Solicitude de Participación (Anexo I).
  2. Documentación acreditativa da admisión no centro, con indicación do período para o quese solicita a estadía.
    No caso de non ter todavía dispoñible a admisión definitiva no centro, documentación acreditativa de inicio de trámites de admisión, no que conste igualmente o período para o que se solicita a estadía. (Exemplo: Correos electrónicos intercambiados co centro, etc.).
  3. Currículum vitae do/a solicitante. (*Nota. Preferiblemente en formato CVN).
  4. Orzamento coa previsión dos custes da actividade para os que se solicita financiamento:
    Custes de mobilidade:
    • Factura proforma de custes de desprazamento.
    • Cálculo dos custes de aloxamento, dacordo ao Anexo II, incluindo este cálculona solicitude de participación. (Anexo I).
  5. Documento de Declaración de Axudas. (Anexo III).
Observacións

A Coordinadora de CITACA, á vista da proposta da Comisión de Investigación de CITACA ditará resolución de adxudicación e denegación das axudas, e a listaxe de agarda, nun prazo máximo de dúas semanas dende a data fin de peche de presentación de solicitudes.

Contra esta resolución poderase presentar solicitude de revisión de avaliación, mediante correo electrónico enviado a citaca@uvigo.es.

O/a solicitante será convocado para recibir información adicional da avaliación feita pola Comisión de Investigación de CITACA. Se despois da revisión procedese, se modificaría a proposta da Comisión de Investigación de CITACA.

De existir crédito dispoñible no momento da resolución definitiva, éste será asignado según a orde de prelación que figure na listaxe de agarda.

Documentos da convocatoria
Atrás