Secretaría Uvigo

Axudas para a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo

TipoAxudas para actividades docentes con perspectiva de xénero
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_APX_01
Data inicio solicitudes11/02/2020
Data fin solicitudes01/03/2020
Descripción

O obxecto da presente convocatoria é ofrecer financiamento para a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero e que estean dirixidas fundamentalmente ao alumnado da Universidade de Vigo de calquera área de coñecemento.
Esta convocatoria responde a acción 3.1.4. do II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2016/19) que di textualmente: «Manter as convocatorias de axudas e premios para a organización de actividades docente e elaborar recursos con perspectiva de xénero.»
As actividades propostas deben estar vinculadas á práctica docente e contemplar contidos que axuden a incorporar a transversalidade de xénero na formación do alumnado e que impulsen a transmisión de valores igualitarios para a adquisición da súas competencias profesionais e o seu desenvolvemento persoal.

Requisitos

Poderá presentarse á convocatoria calquera membro do Persoal Docente e Investigador (PDI) con docencia asignada no Plan de Ordenación Docente (POD) pero só se admitirá unha solicitude por cada persoa.
A responsabilidade do programa para o que se solicita a axuda poderá ser compartida por un máximo de dúas persoas.
Os programas para os que se solicite a axuda terán o 06 de novembro 2020 como data límite de realización.

Documentacion

As solicitudes, dirixidas ao reitor, remitiranse á Unidade de Igualdade ( Edificio Ernestina Otero– Campus Universitario 36310 VIGO) presentándoas nos rexistros auxiliares ou xeral da Universidade de Vigo e nos lugares indicados no apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Deberán vir acompañadas dos seguintes documentos:
a) Solicitude memoria explicativa do programa a realizar ( anexo I e anexo II)
b) Recoñecemento de créditos ECTS, se é o caso. De non ser posible, solicitude de telo feito a Vicerreitoría correspondente.
c) Escrito da/s persoa/s responsable/s indicando a qué grupo/s de alumnado vai dirixida a actividade, especificando a titulación, o curso e, se é o caso, a/s materia/s.

Documentos da convocatoria

Resolución

Descrición

Resolución reitoral de 01 de xuño de 2020 pola que se resolven as solicitudes de axudas para o ano 2020 para a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo.

Atrás