Secretaría Uvigo

Axudas para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo

TipoAxudas para actividades de sensibilización en xénero
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_ASX_01
Data inicio solicitudes11/02/2020
Data fin solicitudes25/02/2020
Descripción

O obxecto da presente convocatoria é ofrecer axudas para a organización de conferencias,  xornadas, exposicións ou outras actividades que se promovan dende calquera instancia da Universidade de Vigo que teñan como finalidade contribuír á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios e estean dirixidas fundamentalmente á propia comunidade universitaria ou á sociedade en xeral.

Os gastos que orixinen as actividades docentes subvencionadas cubriranse por conta do vixente subprograma de gastos da Unidade de Igualdade por un importe máximo de 9.000 euros.

 

Requisitos

Poderá presentarse á convocatoria calquera membro da comunidade universitaria pero só se admitirá unha solicitude por cada persoa .
A responsabilidade do programa para o que se solicita a axuda poderá ser compartida por un máximo de dúas persoas.
Os programas para os que se solicite a axuda terán o 06 de novembro 2020 como data límite de realización.

Documentacion

As solicitudes, dirixidas ao reitor, remitiranse á Unidade de Igualdade ( Edificio Ernestina Otero– Campus Universitario 36310 VIGO) presentándoas nos rexistros auxiliares ou xeral da Universidade de Vigo e nos lugares indicados no apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberán vir
acompañadas dos seguintes documentos:
a) Solicitude da axuda e memoria explicativa do programa a realizar ( anexo I e anexo II)
b) Recoñecemento de créditos ECTS, se é o caso. De non ser posible, solicitude de telo feito á Vicerreitoría correspondente

Documentos da convocatoria
Atrás