Secretaría Uvigo

Bolsa Comedor para alumnado de Grao e Máster, 2019/20

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BC
Data inicio solicitudes04/02/2020
Data fin solicitudes28/02/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica que poda dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Contía: 500 €

Requisitos

Requisitos académicos

a) Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso académico 2019/2020 de curso completo ou 60 créditos.

b) O alumnado deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na Universidade (o alumnado que inicia estudos universitarios non ten que cumprir este requisito):

  • 50% dos créditos matriculados en Graos da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • 60% dos créditos matriculados no resto das titulacións de diplomado, licenciado e grao.
  • 80% dos créditos matriculados nas titulacións de Máster

c) Non estar en posesión, ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superir nivel ao que corresponde aos estudos para os que solicita a bolsa.

Requisitos económicos:

a) Que a renda anual non poderá exceder de 4.000 € por membro da unidade familiar.

b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares:

    • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €
    • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €. Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2019/2020.
Documentacion

Se presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Se NON presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación deberás presentar a documentación indicada no punto 5 da convocatoria.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. accede ao Impreso de solicitude en http://secretaria.uvigo.gal, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / comedor". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude. 
  2. NON É PRECISO QUE PRESENTES A SOLICITUDE NOS REXISTROS DA UVIGO.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Atrás