Secretaría Uvigo

Bolsa para o inicio de estudos en Máster oficial, 2019/20

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BIM
Data inicio solicitudes04/02/2020
Data fin solicitudes21/02/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://seix.uvigo.es
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto financiar os prezos públicos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial e que se ve afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo)

A contía da bolsa será equivalente ao importe dos prezos públicos por servizos académicos no curso académico 2019/2020. So se percibirá o importe correspondente a unha titulación no caso de simultaneidade de estudos

Requisitos

Requisitos xerais

Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España a 31 de decembro de 2018. Excepcionalmente, no caso das persoas solicitantes de estatuto de refixiado ou protección subsidiaria, o permiso de residencia legal poderá obterse ata o 30 de xuño de 2019.

Requisitos académicos

a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2019/2020 de 60 créditos ou curso completo.

b) Obter nos estudos previos que lles dean acceso ao máster unha nota media inferior a:

       -  6,5 no caso de estudos de máster que habiliten para o exercicio dunha profesión regulada.

       -  7 nos restantes estudos de máster.

c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Requisitos económicos

a) Que a renda da unidade familiar calculada tal e como se establece na convocatoria xeral de bolsas MEFP, non supere os seguintes limiares:

  • Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
  • Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
  • Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
  • Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
  • Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
  • Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
  • Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
  • Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable.

b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares:

  • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €
  • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €.

Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2019/2020.

Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2019/2020. No caso de ter solicitado bolsa xeral do Ministerio de educación (MEFP) tomarse a mesma unidade familiar declarada ao MEFP.

Documentacion

Se presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Se NON presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación deberás presentar a documentación indicada no punto 5 da convocatoria.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. accede ao Impreso de solicitude en http://seix.uvigo.es, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / inicio máster". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude.
  2. NON É PRECISO QUE PRESENTES A SOLICITUDE NOS REXISTROS DA UVIGO.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

05/03/2020 Listaxe provisoria de admitidos e excluidos

Descrición

O prazo de presentación de alegacións reanúdase ata o 7 de maio a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

15/05/2020 Listaxe provisoria de bolsas concedidas/denegadas

Descrición

O prazo de presentación de alegacións remata o 29 de maio a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

05/06/2020 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás