Bolsas para o desenvolvemento de Actividades relacionadas coa Normalización Lingüística, 2017/18

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2017-08
Data de inicio de solicitudes22/02/2018
Data de fin de solicitudes07/03/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2930
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, nas campañas de dinamización lingüística, en actividades de formación e en labores de implantación efectiva do Plan de normalización lingüística

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017/2018 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de:
    • Grao en Estudos de Galego e Español,
    • Grao en Tradución e Interpretación,
    • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios,
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos. Entre os créditos superados estarán:
    • Grao en Estudos de Galego e Español: mínimo 18 créditos superados e vinculados a lingua e literatura galegas do itinerario en lingua e literatura galega .
    • Grao en Tradución e Interpretación (Lingua A1: galego): 24 créditos superados entre 1.o e 2.o de materias de lingua galega ou tradución ao galego.
    • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios: mínimo 12 créditos superados vinculados a lingua e literatura galegas na mención de Filoloxía Galega.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos cursados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Currículo acompañado coa documentación acreditativa dos méritos alegados.
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

12/03/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 19 de marzo

O formulario de alegacións atópase neste enlace

Documentos dunha fase de convocatoria:

22/03/2018 Listaxe definitiva de admitidos e excluídos

Observacións

Pendente da selección pola Comisión

Documentos dunha fase de convocatoria:

03/04/2018 Listaxe provisoria de seleccionados e listaxe de agarda

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 10 de abril

O formulario de alegacións atópase neste enlace

Documentos dunha fase de convocatoria:

12/04/2018 Listaxe definitiva de seleccionados e listaxe de agarda

Observacións

As persoas seleccionadas deberán presentarse o día 16 de abril ás 09:00 h, na Área de Normalización Lingüística, pavillón C da  Facultade de Filoloxía e Traducción do  campus de Vigo

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás