Secretaría Uvigo

Bolsas "Carolina" para cursar estudos de Máster, 2020/21

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Bolsas CAROLINA MASTER
Data inicio solicitudes24/01/2020
Data fin solicitudes10/03/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.fundacioncarolina.es/
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto compensar o custo da realización dos estudos de Máster entre nacionais dun pais de América Latina, membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións, ou de Portugal. Os estudos de Máster obxecto desta convocatoria son:

  • Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social
  • Máster en ciencia e tecnoloxía alimentaria e ambiental
  • Máster en mecatrónica
Requisitos
  • Ser nacional dalgún país de América Latina membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións ou de Portugal.
  • Non ter residencia legal en España. 
  • Estar en posesión do título de licenciatura ou equivalente que permita o acceso aos estudos de máster.
  • Cumprir os restantes requisitos esixidos na convocatoria da Fundación Carolina
Documentacion

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario electrónico a través da web www.fundacioncarolina.es e aportar a documentación que se lle esixe na convocatoria da Fundación.

O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 10 de marzo de 2020.

Observacións

NOTA IMPORTANTE

Os beneficiarios das bolsas do Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social (convocatoria xeral) e Máster en Mecatrónica asumirán 1.100 euros do importe da matrícula.

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
: https://www.fundacioncarolina.es/
Atrás