Secretaría Uvigo

Axudas ao alumnado por causas sobrevidas_Xunta de Galicia 2019/2020

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2019_2020 BCS XUNTA
Data inicio solicitudes14/01/2020
Data fin solicitudes31/07/2020
Descripción

Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario Galego que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/2020, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Requisitos

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta, situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, vítimas de violencia de xénero, vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2019/2020. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020.
c) Estar matriculado, no curso académico 2019/20, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020 multiplicada por 1,50.
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Observacións

As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista acontecese con anterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida, e, nestes casos, a data límite para presentar as solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b)
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/29981
Atrás