Secretaría Uvigo

Convocatoria interna de selección de perfís_Ramón y Cajal 2019

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRYC_2019_UVIGO
Data inicio solicitudes12/12/2019
Data fin solicitudes20/12/2019
Descripción

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades vén de publicar a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 4 de decembro de 2019 (BOE 11/12/2019) pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2019, de diversas actuacións contempladas no Subprograma Estatal de Formación e no Subprograma Estatal de Incorporación do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as Axudas Ramón y Cajal para financiar a contratación de novo persoal doutor.

Dado que a convocatoria fixa unha solicitude única por cada centro de I+D, a Universidade de Vigo establece un procedemento interno de recepción e selección de declaracións de interese.

O obxectivo deste subprograma é a concesión de axudas dunha duración de 5 anos para a contratación laboral de persoal investigador doutor en organismos de investigación, co fin de favorecer a súa carreira profesional investigadora e promover a captación ou recuperación de persoal investigador español ou estranxeiro. As axudas contemplan unha financiación adicional para a execución da actividade investigadora de 40.000 euros.

Requisitos

Poderán presentar declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado mediante a convocatoria «Ramón y Cajal 2019» os grupos de investigación, centros de investigación e agrupacións estratéxicas de calquera ámbito de coñecemento.

Un mesmo centro/agrupación estratéxica/grupo de investigación pode ofertar máis dun posto, aínda que no proceso de selección a Comisión de Investigación da Universidade de Vigo, á vista do conxunto de solicitudes presentadas e dos méritos dos grupos, poderá limitar o número de perfís autorizados por grupo.

Documentacion

- Formulario de declaración de interese correspondente. 

- Compromiso de acollida por parte do departamento.

Observacións

Antes do 20 de decembro de 2019 ás 14.00 horas debe presentarse a documentación requirida debidamente asinada en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo.

No mesmo prazo, debe remitirse ao enderezo electrónico seccion.rrhh.investigacion@uvigo.es a documentación en versión word, non é necesario que veña asinada. ASUNTO Ramón y Cajal 2019.

Documentos da convocatoria
Atrás