Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para o alumnado de doutoramento da Universidade de Vigo, curso 2018/2019 (2ª convocatoria)

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBMD1819-2
Data inicio solicitudes07/11/2019
Data fin solicitudes20/11/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5857
Descripción

Obxecto:

Contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da asistencia a cursoscongresos, e  realización de actividades incluídas na súa programación académica, que impliquen desprazamento

Contía:

  < 7 días >= 7 días ata 14 días >=15 días ata 29 días
Península Ibérica e Baleares 250 € 450 € 650 €
Canarias  450 € 650 € 850 €
Europa e hemisferio norteafricano 500 € 800 € 1.100 €
Asia e Oceanía 1.000 € 1.300 € 1.600 €
Resto do mundo 800 € 1.100 € 1.400 €
Requisitos
  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2018/19 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
  • Realizar durante o curso 2018/2019 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos, nos seguintes termos:
  • estadías de ata 29 días (inclusive)
  • asistencia a cursos e congresos que non sexan obxecto de subvención na convocatoria de bolsas de viaxe da UVIGO.

Excepcionalmente, poderá solicitar estas bolsas alumnado que desenvolve o seu doutoramento a distancia e require acudir á Universidade de Vigo para a realización presencial de actividade formativa. Esta circunstancia requirirá unha xustificación específica que conte coa conformidade da Comisión Académica do Programa de Doutoramento. 

O desprazamento terá que estar iniciado antes do 01/10/2019.

  • Non ter concedida a bolsa de mobilidade convocada por RR de 22 de abril de 2019.
  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa.
Documentacion
  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou congreso/curso; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino; e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese  e da comisión académica do programa.

  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
  • No caso de estudos de grao ou licenciatura realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos universitarios. No caso de estudos validados, será requisito indispensable a presentación da certificación académica dos estudos de orixe na que conste a cualificación obtida.
  • No caso de ter finalizado estudos de máster realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo poderá presentar a certificación académica oficial dos estudos de máster na que conste que ten realizados todos os créditos necesarios para rematar a titulación.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás