Secretaría Uvigo

Premios excelencia académica para alumnado que inicia estudos de doutoramento curso 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 Exc Inicio Doutoramento
Data inicio solicitudes16/10/2019
Data fin solicitudes31/10/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5856
Descripción

Obxecto:

Atender de maneira especial ao novo alumnado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2019/20 estudos oficiais de Doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de Doutoramento.

Requisitos
  • Estar matriculado por primeira vez en estudos de Doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, na Universidade de Vigo no curso académico 2019/2020 e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.
  • Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00 calculada según o establecido no punto 6 deta convocatoria
Documentacion
  • No caso de estudos de Grao ou Licenciatura cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos que lle dan acceso ao programa de Doutoramento.
  • No caso de ter finalizado estudos de máster realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo poderá presentar a certificación académica oficial dos estudos de máster na que conste que ten realizados todos os créditos necesarios para rematar a titulación.
  • No caso de alumnado que accede ao Doutoramento desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

15/11/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo de alegacións remata o 22 de novembro.

Documentos da fase da convocatoria:

29/11/2019 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 9 de decembro

Documentos da fase da convocatoria:

16/12/2019 Listaxe definitiva de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás