Secretaría

Prazas e axudas de aloxamento 2017/2018

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRES20172018
Data de inicio de solicitudes15/06/2017
Data de fin de solicitudes21/07/2017
Descripcion

Convocatoria de prazas e bolsas de aloxamento nas residencias de estudantes da Universidade de Vigo para o curso 2017/2018

Prazas e prezos en Anexo

Bolsas: tipo A: 59 axudas de 100 €/mes para as rendas que se determinen na Resolución Reitoral de publicación de umbrais (finais de xullo)

           tipo B: 59 axudas de 60 €/mes para as rendas que se determinen na Resolución Reitoral de publicación de umbrais (finais de xullo)

Requisitos

Poderán solicitar prazas de aloxamento nas residencias universitarias o alumnado matriculado en estudos de Grao, Máster Oficial e Programas de Doutoramento que cumpran os requisitos desta convocatoria e desenvolvan as súas actividades na Universidade de Vigo durante o curso académico 2017/2018.

A concesión das das axudas de aloxamento realízase entre o alumnado que ten adxudicada unha praza de residencia das ofertadas en función da puntuación obtida por criterios académicos e económicos, e sempre e cando non pertenzan a outro sector da comunidade universitaria.

Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a documentación requerida no punto 5 da base primeira de esta convocatoria.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 813611
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/

RR 11/08/2017 Publicación listaxes provisionais das prazas e axudas de aloxamento

Descrición

RESOLUCIÓN REITORAL DO 11 DE AGOSTO DE 2017 POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAXES PROVISIONAIS DAS PRAZAS E AXUDAS DE ALOXAMENTO NAS RESIDENCIAS DE ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O CURSO 2017/2018

Se publican as listaxes provisionais de concedidas e denegadas, coas causas de denegación, das prazas de aloxamento nas residencias de estudantes da Universidade de Vigo para o curso 2017/2018. Tamén se publican as listaxes provisionais de axudas de aloxamento concedidas e denegadas, coas causas de denegación, así como a listaxe de agarda.

Observacións

Se establece un prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no taboleiro de anuncios desta Reitoría, para presentar, se é o caso, as alegacións que estimen oportunas, cos documentos necesarios que emenden as causas denegación.

 

 

ConvocatoriaFaseDocumentos:
.:: Para calquera dúbida ou problema pode enviar unha incidencia | Esqueceu o contrasinal ou o NIU? ::. ::.