Secretaría Uvigo

2ª convoctoria de Bolsas de mobilidade da Cátedra Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO para o alumnado de programas de doutoramento

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCATFEMINISMOS-4.0-2ª CONV.
Data inicio solicitudes02/10/2019
Data fin solicitudes15/10/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5840
Descripción

Obxecto:

Facilitar as estadías en centros de investigación realizadas polas alumnas de programas de doutoramento, para contribuir ao intercambio de coñecemento e a mellora e internacionalización da súa carreira investigadora con relación aos estudos con perspectiva de xénero da actual sociedade dixital (o chamado “machismo dixital”)

 

Requisitos
  • Estar matriculada na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2018/19.
  • Realizar durante o curso 2018/2019 unha estadía en centros de investigación relevantes en perspectiva de xénero radicados fóra de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2019. A duración da estadía, que se desenvolverá nun único período e centro, terá unha duración máxima de 60 días. Quedan excluídas as estadías no país de orixe, no caso de persoas estranxeiras.
  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa no que se sinale que as actividades que se realizarán durante a estadía de investigación
Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario á solicitude non será tramitada

Documentación:

Debes subina no momento de cubrir o formulario

  • Breve resúmo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese.
  • Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.
  • Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo un breve resumo do traballo realizado ata o momento pola solicitante.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás