Secretaría Uvigo

PROGRAMA DIRECTIVOS E DIRECTIVAS POR UN DÍA - 2019

TipoPrácticas
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_DxD
Data inicio solicitudes23/09/2019
Data fin solicitudes15/10/2019
Descripción

O obxecto desta convocatoria é a elaboración dun listado de persoas candidatas pola Universidade de
Vigo para participar no programa formativo Directivos e Directivas por un Día, organizado pola
Asociación Española de Directivos, que ten como finalidade o fomento da vocación directiva e
emprendedora entre os mozos e mozas universitarios en todo o territorio nacional.

Nunha segunda fase, que será xestionada directamente por AED, o obxectivo do programa Directivos
e Directivas por un Día será a asignación individual dun mentor ou mentora profesional co que
compartir en primeira persoa a súa labor na empresa durante unha xornada laboral, o que permitirá
aos e ás estudantes adquirir coñecementos e competencias a desenvolver para acceder en mellores
condicións ao mercado de traballo.

Requisitos

Poderán participar nesta convocatoria o alumnado que se atope durante o curso 2019-2020
matriculado no último ano de calquera das titulacións de grao, dobre grao ou mestrado ofertadas pola
Universidade de Vigo. O perfil das persoas candidatas será preferiblemente técnico.

AMPLIADAS AS TITULACIÓNS (incluidos os mestrados)

Prazo: Ata o 15 de outubro (ás 14:00 h.)

Lugar: Rexistros da Uvigo

Documentacion

As persoas solicitantes deberán encher o formulario electrónico que se atopa na páxina web da
Universidade de Vigo, a través da secretaría virtual:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5835  e deberán acompañar
obrigatoriamente, no momento da presentación da solicitude unha copia do expediente académico e
un CV que deberá incluír entre outros datos:

  • Idiomas (incluíndo o nivel de oficialidade)
  • Prácticas ou experiencia laboral de calquera tipo
  • Outros datos como voluntariado, deportes ou outro tipo de actividades

A solicitude, asinada polo solicitante, xunto coa a documentación solicitada, presentarase nos rexistros
oficiais da Universidade de Vigo ou en calquera das formas previstas no artigo da Lei 39/2015, do
procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixiranse á Área de Emprego e
Empredemento.

Documentos da convocatoria
Atrás