Secretaría Uvigo

PROXECTOS DE I+D+i XERACIÓN COÑECEMENTO E RETOS 2019

TipoProxectos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
Código2019ESMCIU13092019GCYR
Data inicio solicitudes26/09/2019
Data fin solicitudes10/10/2019
Descripción

A convocatoria ten por obxecto financiar a execución de «Proxectos de I+D+i», no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Esta convocatoria ten como finalidade financiar as modalidades de proxectos de «Xeración de Coñecemento» e «Retos Investigación», da convocatoria 2019 de Proxectos de I+D+i.

As axudas están dirixidas tanto a fomentar a xeración e o avance significativo do coñecemento científico e a investigación de calidade contrastada como a avanzar cara á búsqueda de solucións aos retos da sociedade.

Distínguense dúas modalidade de proxectos.

a) Proxectos de «Xeración de Coñecemento» (PGC) sen orientación temática previamente definida, están motivados pola curiosidade científica e ten como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independientemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo.

b) Proxectos Retos Investigación» (RTI) están orientados á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluidos no Plan Estatal.

Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poden ser de dous tipos dependendo do perfil de IP que lidere o equipo:

         1. Proxectos tipo A, liderados por xoves investigadores/as (proxectos tipo JIN)

         2. Proxectos tipo B, liderados por invetigadores/as consolidados/as.

Observacións

http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=6ee6cda50b1bb610VgnVCM1000001d04140aRCRD 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: proxectos.investigacion@uvigo.es
Teléfono: 986 813753 - 813420 - 814033
Atrás