Secretaría Uvigo

Bolsas de residencia curso 2019/2020

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BR
Data inicio solicitudes07/08/2019
Data fin solicitudes06/09/2019
Descripción
  • Tipo A: 60 axudas de 100 € / mes
  • Tipo B: 60 axudas de 60 € / mes
Requisitos

Requisitos académicos

  1. Estar matriculado/a no curso académico 2019/2020 nalgunha das titulacións de Grao ou Máster en réxime presencial a tempo completo, mínimo 60 créditos. Excepcionalmente admitiranse solicitudes con menor número de créditos de matrícula sempre que se xustifique adecuadamente e sexa así considerado pola comisión.
  2. No caso de alumnado que continúe estudos de Grao ou Máster deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na Universidade:
  • 50% dos créditos matriculados en Graos da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • 60% dos créditos matriculados no resto das titulacións de diplomado, licenciado e grao.
  • 80% dos créditos matriculados nas titulacións de Máster.

Requisitos económicos:                

1. A renda familiar non pode superar o seguinte limiar:

Familias de 1 membro              13.236,00 €

Familias de 2 membros             22.594,00 €

Familias de 3 membros             30.668,00 €

Familias de 4 membros             36.421,00 €

Familias de 5 membros             40.708,00 €

Familias de 6 membros             43.945,00 €

Familias de 7 membros             47.146,00 €

Familias de 8 membros             50.333,00 €

A partir do oitavo membro, engadiranse 3.181,00 € por cada novo membro computable.

2. O patrimonio familiar non pode superar os seguintes limiares:

  • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €
  • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €.
Documentacion
  • No caso de residir a menos de 40 km do centro de estudos , deberá presentar os horarios de clase selados pola Facultade/Escola, e os horarios dos medios de transporte público selados.
  • No caso de estudantes estranxeiros non comunitarios, será obrigatorio a presentación do NIE de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España.
  • Certificado de convivencia conxunto da unidade familiar
  • Sentenza de divorcio ou convenio regulador
  • Contrato de aluguer, xustificante da residencia, que abarque o período escolar.
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:

Título familia numerosa

Acreditación de orfandade absoluta

certificado de discapacidade (do solicitante, irmás ou fillos)

irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior 2018/2019 (expediente académico e contrato de aluguer)

  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar.
  • Os estudantes procedentes doutras Universidades distinta á de Vigo, copia da certificación académica persoal.
  • Calquera outro documento que a comisión de selección estime necesario para a correcta resolución da solicitude e que lle sexa solicitado.
  • No caso de non ter a obriga de presentar a declaración da renda:

Certificado de imputacións do exercicio 2018 dos membros que constitúen a unidade familiar á que pertence a persoa solicitante, expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Certificado de prestacións e subsidios de desemprego percibidos durante o ano 2018, expedido polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Xustificantes de ingresos do 2018 exentos de IRPF (RISGAS, Pensións de orfandade, pensións de discapacidade...

Os centros, as instalacións e as dependencias da Universidade de Vigo permanecerán pechados entre o 7 e o 19 de agosto, ambos inclusive.

Observacións

A solicitude realizarase a través do formulario dispoñible na web da universidade: http://seix.uvigo.es, na páxina de inicio prema en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias /residencia"

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 813611
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

09/10/2019 Listaxe provisoria de admitidos/excluidos

Observacións

O prazo de presentación de alegacións remata o 23 de outubro.

Formulario de alegacións.

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás