Secretaría Uvigo

Novo Prazo - Convocatoria 2019 para a contratación mediante contrato en réxime temporal de persoal investigador e tecnólogos/as para a Agrupación Estratéxica CITACA

TipoConvocatorias de I+D+i
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoI+D/2019_17
Data inicio solicitudes15/07/2019
Data fin solicitudes22/07/2019
Descripción

Dende o CITACA publicouse o pasado 28 de xuño a convocatoria de 10 contratos para persoal investigador e tecnólogas/os (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/339). Unha vez resolta a convocatoria, un dos contratos declarouse deserto polo que volve a abrirse un novo periodo de convocatoria para o contrato con referencia 04.CITACA-2019. Os datos da convocatoria son os mesmos que na pasada convocatoria, salvo os requisitos de acceso á praza que foron modificados, dacordo co documento publicado na presente convocatoria.

A convocatoria ten como obxecto a captación de persoal investigador e tecnólogo/as que contribúa ao desenvolvemento da axenda científica e á consecución dos obxectivos estratéxicos da Agrupación, a través da financiación de 1 contrato laboral temporal.

As persoas beneficiarias terán asignado unha actividade/proxecto de investigación nunha das áreas de investigación de CITACA quen oferta os contratos, baixo a supervisión dun/ha investigador/a principal, en particular na seguinte:

- "Estudo de actividad enzimática en ambientes extremos a través de dinámica molecular" (Ref. 04.CITACA-2019).

Requisitos

Graduado/Licenciado/Mestrado

Observacións

Dacordo co exposto na convocatoria, tanto a solicitude como a documentación precisa para cada un dos contratos deberá ser enviada ó correo electrónico citaca_sec@uvigo.es, indicado no asunto do correo a referencia do contrato.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Anterior Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/339
Máis información: http://citaca.uvigo.es/convocatorias/
Atrás