Axudas acción social matrícula do persoal do SUG, curso 2019/2020
Tipo | Acción social |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2019_2020 MAT SUG |
Data inicio solicitudes | 17/07/2019 |
Data fin solicitudes | 31/10/2019 |
Descripción | O importe das axudas será o correspondente aos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas, incluídos os importes dos recoñecementos. A aplicación da axuda ao persoal das Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela e os seus beneficiarios queda condicionada á compensación por parte destas institucións dos importes correspondentes. A contía desta axuda ten a consideración de retribución en especie e como tal está suxeita a tributación como rendemento do traballo, e polo tanto, sometida ao sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais incluirase na base de cotización. |
Requisitos | Requisitos dos/as titulares do dereito: Persoal con destino nas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela que se atopa nalgún dos seguintes colectivos: 1) Persoal funcionario de carreira pertencente aos corpos docentes universitarios. Requisitos das persoas beneficiarias: a) A/O cónxuxe da/o titular do dereito, ou persoa que acredite análoga relación, e as fillas e fillos de calquera dos dous. |
Documentacion | No momento da matrícula o alumnado marcará a exención de “axudas persoal UVIGO, UDC, USC”, dando lugar á suspensión cautelar do pagamento dos prezos. No mesmo instante achégase correo electrónico á persoa titular do dereito para que manifeste a súa conformidade respondendo ao correo enviado. No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude deberá aboar os prezos públicos correspondentes. As persoas solicitantes deberán presentar ata o 13 de setembro ou no caso de matrículas posteriores a esa data 10 días naturais desde a matrícula, de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos, a seguinte documentación a través do formulario electrónico:
|
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |
Teléfono: | 986 130 116 |
Correo electrónico: | prezospublicos@uvigo.es |
11/06/2020 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Descrición | |
Listaxe: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=20132815 Prazo de alegacións ata o 26 de xuño as 23:59 (hora peninsular española) Formulario de alegacións na secretaria virtual https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6093 , debe descargalo e presentalo na sede electronica a través da instancia xenérica (SXER) https://sede.uvigo.gal/ |
08/07/2020 Listaxe concedidas e denegadas
Documentos da fase da convocatoria: | |