Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en centros de investigación, curso 2019/2020

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BOL CI
Data inicio solicitudes10/07/2019
Data fin solicitudes06/08/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5134
Descripción

Obxecto:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades cunha forte compoñente de aprendizaxe e adquisición de novas capacidades e destrezas directamente vinculadas á titulación na que se matricula

Nº de bolsas: 9

  • Campus de Ourense:
    • 2 bolsas no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
  • Campus de Vigo:
    • 3 bolsas no Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI)
    • 3 bolsas na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT)
    • 1 bolsa no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)

Duración:

A duración máxima do período formativo será de 10 meses, iniciándose non antes do 1 de outubro de 2019 e finalizando o  31 de xullo de 2020

O número de horas de colaboración sera de 20 h/semanais

Contía:

A dotación económica bruta será como máximo 480 €/mes

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2019/2020 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións que figuran no Anexo II. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 16 de setembro de 2019.
  • No caso do alumnado de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao dos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico (16 de xullo).
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

Solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 6 de agosto de 2019 ata as 14:00 horas

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario á solicitude non será tramitada

Documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados

Debes subila nun ficheiro a través do formulario no momento de facer a solicitude

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

04/09/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluido

Observacións

O prazo de alegacións remata o 11 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás