Secretaría Uvigo

Premios excelencia académica para alumnado que inicia estudos de grao na Universidade de Vigo, curso 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_2020 BPEXG
Data inicio solicitudes04/07/2019
Data fin solicitudes30/09/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5115
Descripción

Obxecto:

Incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas. Os premios están destinados a sufragar parte do custo dos prezos públicos de matrícula

Contía: 600 €

 

 

Requisitos

a) Estar matriculado por primeira vez en estudos de Grao na Universidade de Vigo no curso 2019/2020 e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.

b) Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior no curso 2018/2019.

c) Cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

    • Obter premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior da Xunta de Galicia no curso 2018/2019
    • Estar clasificado do 1º ao 3º posto da fase autonómica, ou do 1º ao 8º posto das fases nacional ou internacional dalgunha das Olimpíadas científicas celebradas no curso 2018/2019, recoñecidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, ou pola Consellerías de educación das Comunidades Autónomas, ou aquelas nas que participe algunha Universidade na súa organización.
    • Ter unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos no expediente académico no Bacharelato.
    • Obter unha puntuación igual ou superior a 9 puntos no expediente académico no Ciclo Superior de formación profesional
Documentacion

Solicitudes:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada.

Documentación:

No momento de facer a solicitude deberán subir a seguinte documentación:

  • Certificación académica ou documentación acreditativa do mérito polo que se concede o premio.
  • No caso de estudos estranxeiros de bacharelato, declaración de equivalencia da nota media

 

Observacións

Obrigas:

A persoa beneficiaria deberá estar matriculada durante todo o curso académico 2019/2020 e realizar o pagamento dos prezos públicos asociados á matrícula

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

21/10/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 28 de outubro

Documentos da fase da convocatoria:

08/11/2019 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 22 de novembro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás