Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade da Cátedra Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO para o alumnado de programas de doutoramento

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019_CAT.FEMINISMOS
Data inicio solicitudes01/07/2019
Data fin solicitudes12/07/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5127
Descripción

Obxecto:

Facilitar as estadías en centros de investigación realizadas, polo alumnado de doutoramento, para contribuir ao intercambio de coñecemento e a mellora e internacionalización da súa carreira investigadora con relación aos estudos con perspectiva de xénero da actual sociedade dixital (o chamado “machismo dixital”)

Contía:

A contía máxima será de 3.000 € e dependendo da duración e do destino/orixe será:

Destino

Manutención

Desprazamento

Península Ibérica e Baleares

20 € / día completo

285 €

Canarias

20 € / día completo

465 €

Europa e hemisferio norteafricano

30 € / día completo

545 €

Asia e Oceanía

30 € / día completo

1.050 €

Resto do mundo

30 € / día completo

800 €

Requisitos
  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2018/19.
  • Realizar durante o curso 2018/2019 unha estadía en centros de investigación radicados fóra de Galicia entre o 1 de xullo e o 30 de outubro de 2019. A duración da estadía, que se desenvolverá nun único período e centro, terá unha duración máxima de 30 días.

Quedan excluídas as estadías no país de orixe, no caso de persoas estranxeiras.

  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.
Documentacion
  • Breve resúmo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese.
  • Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.
  • Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo un breve resumo do traballo realizado ata o momento pola persoa solicitante.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsas mobilidade
web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

29/07/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o día 5 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:

10/09/2019 Listaxe provisoria de bolsas denegadas

Observacións

Alegacións ata o 24 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás