Secretaría Uvigo

Axudas á etapa posdoutoral da Xunta de Galicia

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteXunta de Galicia
CódigoPOSDOU_XUNTA_19
Data inicio solicitudes14/06/2019
Data fin solicitudes15/07/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.xunta.gal/portada
Descripción

40 axudas da modalidade A  para o financiamento dun contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrao de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.

O importe máximo de cada axuda é de 49.900 euros anuais con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía conforme ao artigo 3 do Anexo I da convocatoria.

Requisitos

- Que a data de finalización dos estudos conducentes ao título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008. 

- Estar en posesión do grao de doutora ou doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2014, salvo situacións excepcionais sinaladas no artigo 2 do Anexo I da convocatoria, que poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2012.

- Non ter sido seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia e  Juan de la Cierva e non ter gozado con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación estranxeiros de dous ou máis anos de duración. 

Para obter a condición FULLBRIGHT, débese consultar o artigo 2.d) do Anexo I da convocatoria. 

Documentacion

A sinalada no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas- Modalidade A»

Observacións

Para poder presentar unha candidatura avalada pola Universidade de Vigo, débense seguir fielmente os pasos sinalados no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas- Modalidade A» que acompaña esta convocatoria.

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás