Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade internacional "Ourense exterior", curso 2019/2020

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019 OURENSE EXTERIOR
Data inicio solicitudes07/06/2019
Data inicio solicitudes28/06/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5119
Descripción

Obxecto:

Facilitar a mobilidade de cidadáns/ás ourensáns, galegos e españois residentes no estranxeiro, aos seus descendentes e demais cidadáns estranxeiros residentes fora de España, para cursar os estudos de primeiro de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo

Contía:

A contía máxima destas bolsas ten os seguintes compoñentes:

  • O importe dos prezos públicos por servizos académicos correspondentes ao curso 2019/2020 (os prezos por servizos administrativos e outros non están comprendidos neste compoñente).
  • Axuda de gastos de viaxe ata unha contía de 600 €.
  • Axuda de gastos de estadía por unha contía de 500 €.

Pagamento:

O pagamento farase unha vez incorporado o alumnado ás actividades do mestrado e previa comprobación de que o/a alumno/a ten aboados os prezos por servizos administrativos da matrícula.

O compoñente de matrícula exime do pago dos prezos académicos. O importe da axuda de gastos de viaxe e estadía ingresaráselle ao alumno/a, na súa conta bancaria.

Procederase ao pago dos mesmos en base ao seguinte calendario e cumprindo as obrigas de xustificación establecidas no punto 8 desta convocatoria:

  • Gastos de viaxe: antes do 30 de novembro de 2019.
  • Gastos de estadía: o 60% antes do 31 de decembro de 2019 e o 40% restante antes do 30 de maio de 2020, ou cando cumpra as obrigas establecidas nesta convocatoria
  •  

No suposto de que por calquera circunstancia os estudos de mestrado nos que o beneficiario estea matriculado, non se realizaran, este terá dereito igualmente ás axudas de desprazamento (ata un máximo de 600 €) e de estadía conforme ao disposto no punto seguinte.

No suposto de que por razóns de causa maior a estadía sexa inferior ao curso académico a axuda de estadía será proporcional ao tempo de estadía

 

 

Requisitos
  1. Residir nun país estranxeiro agás algún dos cualificados regulamentariamente como paraíso fiscal.
  2. Estar en posesión dos requisitos académicos necesarios para acceder á titulación de mestrado que se pretende cursar en modalidade presencial no Campus de Ourense.
  3. Realizar o compromiso de matrícula nalgunha titulación de mestrado do Campus de Ourense e de residir no campus.

Queda excluído o alumnado estranxeiro que acceda a Universidade de Vigo a través de calquera programa de mobilidade internacional

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

 

IMPORTANTE:

PARA MATRICULARSE NO MÁSTER DEBES FACER PRIMEIRO A PREINSCRIPCIÓN:

Podes consultar o calendario de matrícula e procedemento no seguinte enlace: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-masteres

Másters en modalidade presencial no campus de Ourense: https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/mestrados

 

Documentacion
  1. Certificación académica persoal dos estudos realizados que lle dan acceso aos estudos de mestrado.
  2. Fotocopia do pasaporte ou documento acreditativo da identidade.
  3. Acreditación da súa residencia familiar no estranxeiro e certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia.
  4. Para as/os solicitantes que sexan descendentes de emigrantes ourensáns, galegos ou españois deberán acreditar o seu parentesco

Esta documentación para solicitar a bolsa debes subila a través do formulario no momento de facer a solicitude

 

 

 

Observacións

As persoas que se beneficien da bolsa teñen a obriga de:

  • Permanecer matriculadas na Universidade de Vigo nunha titulación oficial de mestrado das impartidas no campus de Ourense, durante todo o curso 2019/2020.
  • Superar o 50% dos créditos dos que se matricula.
  • Asumir os gastos de visado, aloxamento e manutención durante a súa estadía.
  • Subscribir e asumir o custo do seguro médico e de accidentes para as coberturas non incluídas no seguro escolar obrigatorio e no seguro de accidentes e responsabilidade civil da universidade.
  • Presentar antes do 30 de outubro os documentos xustificativos dos gastos de desprazamento dende o seu lugar de residencia ao Campus de Ourense.
  • Presentar antes do 30 de outubro contrato de aluguer ou calquera outro medio mediante o cal se poida comprobar que ten un aloxamento na provincia de Ourense.
  • Presentar antes do 30 de maio recibos de pagamento de aluguer, contrato de subministración de servizos na vivenda ao seu nome, ou calquera outro medio mediante o cal resulte comprobado que a persoa beneficiaria ten a súa vivenda habitual na provincia de Ourense durante todo o curso académico 2019/2020.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsas mobilidade estudantes
bolsas mobilidade: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás