II Premios de Investigacion, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga 2019
Tipo | Outras actividades |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | PCA-2019 |
Data inicio solicitudes | 05/06/2019 |
Data fin solicitudes | 13/09/2019 |
Descripción | A Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga da Universidade de Vigo considera importante, para estimular a promoción do Campus da Auga, premiar accións destacadas no ámbito da investigación, transferencia, e a divulgación científica, que contribúan a situar e consolidar o Campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relativas ás augas continentais e outras relacionadas, como a sustentabilidade, o medio ambiente, o sector agroalimentario ou a economía circular. Neste senso, a convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer, difundir e premiar traballos e accións de investigación, transferencia, e divulgación científica, relativas ás temáticas citadas anteriormente, que resulten de interese para o desenvolvemento e promoción do Campus da Auga.
Os premios que se convocan son cinco, nas seguintes modalidades:
|
Requisitos | Para concorrer a calquera das modalidades poderán ser candidatos/as o PDI e PI que no momento da convocatoria se atopen en situación de servizo activo na Universidade de Vigo, e o alumnado da Universidade de Vigo matriculado no curso 2018 - 2019, ou no curso 2017-2018, que cumpra os requisitos da modalidade do premio ao que se presenta.
|
Documentacion | Os/as interesados/as remitirán á Secretaría da Vicerreitoría do Campus de Ourense, a documentación requirida presentándoa nos rexistro xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para as modalidades de premios A, B, D, e E, a documentación presentarase en dous sobres separados (sobre 1 e sobre 2) dirixidos á vicerreitora do Campus de Ourense. Os sobres deberán estar pechados e conterán:
As contribucións orixinais que concursen nesta convocatoria, serán devoltas ao/á autor/a, unha vez concluída a mesma, se así o solicitan por correo electrónico á Vicerreitoría nun prazo non superior a dous meses tras a resolución definitiva. De non solicitalo, procederase á súa destrucción. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 13 de setembro de 2019. |
Documentos da convocatoria | |
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Descrición | |
Resolución do 15 de outubro de 2019 pola que se publica a listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na convocatoria da II Edición dos Premios de investigación, transferencia e divulgación científica do campus da Auga da Universidade de Vigo. Prazo de emendas e reclamacións: ata o 30 de outubro de 2019 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas
Documentos da fase da convocatoria: | |
Listaxe de premios concedidos
Documentos da fase da convocatoria: | |