Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Unidades e Áreas, curso 2019/2020

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020-0103
Data inicio solicitudes05/06/2019
Data fin solicitudes28/06/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5105
Descripción

Obxecto:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Nº de bolsas: 26

Contía:

A dotación económica bruta máxima mensual será:

  • Bolsas-20 horas: 480 €
  • Bolsas-15 horas: 360 €
  • Bolsas-10 horas: 240 €

Duración:

A duración máxima do período formativo será de 8 meses e medio, iniciándose non antes do 16 de outubro de 2019 e finalizando o  30 de xuño de 2020

 

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2019/2020 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no Anexo II. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 30 de setembro de 2019.

 

  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico (16 de xullo).

 

  • Cumprir os requisitos específicos sinalados no Anexo II. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico (16 de xullo).

 

  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

    • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
    • Os documentos que correspondan en cada caso, segundo os criterios específicos de selección establecidos no anexo II

 

Observacións

O prazo de solicitudes remata o 28 de xuño.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

12/07/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 19 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás