Secretaría Uvigo

Programa de Captación de Talento da Universidade de Vigo para INEX. Convocatoria 2019

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCAPTA_UVIGO_19
Descripción

Convocatoria para seleccionar unha persoa á que se lle ofrecerá un contrato de 3 anos de duración a tempo parcial como investigador ou investigadora distinguida. 

A persoa contratada deberá realizar actividades de coordinación de investigación e de dirección de equipos humanos, instalacións e programas científicos e tecnolóxicos de grande relevancia no ámbito do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI) e a agrupación estratéxica INEX da Universidade de Vigo.

Requisitos

- Ter o título de doutor/a ou equivalente no ámbito de interese estratéxico do MTI/INEX.
- Ter un mínimo de dez anos de experiencia posdoutoral de carácter internacional nun centro de   coñecemento de fóra de España.
Non poderán presentar a súa solicitude as persoas que teñan unha relación contractual coa Universidade de Vigo no momento da solicitude ou que a tivesen nos últimos doce meses anteriores á publicación desta convocatoria.

Documentacion


- Formulario de solicitude, cumprimentado en inglés segundo o modelo anexo, incluíndo os datos persoais e profesionais cunha listaxe dos 5 méritos máis relevantes.
- Curriculum vitae da persoa candidata en inglés (máximo 15 páxinas)
- Unha memoria de actuacións que se pretenden desenvolver na Universidade de Vigo ( máximo 3.000 palabras) e unha expresión de motivación ( máximo 2.000 palabras)
- Datos de contacto de catro persoas que poidan dar referencias profesionais.
- Un mínimo de dous e un máximo de catro cartas de referencia en inglés. Poden solicitarse ás persoas de contacto indicadas no punto anterior ou a outras.
Non é necesario achegar xustificantes dos méritos indicados no currículo no momento da solicitude. En caso de ser necesario, a comisión de selección poderá solicitar ao persoal investigador aspirante, en calquera momento do proceso de avaliación e selección, a documentación adicional que corresponda para avaliar axeitadamente a candidatura e verificar o cumprimento dos requisitos.

Observacións

A presentación de solicitudes debe realizarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas ou no rexistro xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo.

Toda a documentación presentada debe remitirse tamén por correo electrónico ao enderezo vicinv@uvigo.es en formato .pdf

Fase de convocatoria

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de admisión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás