Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para a realización actividades de carácter formativo, curso 2018/2019

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BMACF
Data inicio solicitudes22/05/2019
Data fin solicitudes24/06/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5108
Descripción

Obxecto

O obxectivo desta convocatoria é fomentar a participación do alumnado en proxectos e eventos de carácter cultural, científico, de especialización ou perfeccionamiento que complementen a súa formación académica

3 modalidades en función da súa finalidade:

  • Modalidade A: Axudas para a realización de viaxes de interese académico (quedan excluídos os desprazamentos vinculados a prácticas).

Obxectivo: ofrecer ao alumnado a posibilidade de visitar instalacións, institucións ou localizacións que lles sirvan para adquirir competencias e coñecementos relacionados co ámbito curricular da súa titulación.

  • Modalidade B: Axudas para a participación en congresos, reunións científicas, cursos (excluídos os cursos de idiomas), seminarios, debates e outras actividades de interese académico

Obxectivo: fomentar a participación do alumnado en congresos e reunións científicas relacionadas coas súas titulacións.

  • Modalidade C: Axudas para a realización de proxectos de interese académico, de divulgación, de carácter científico ou cultural

Obxectivo: sufragar os gastos ocasionados pola realización por parte do alumnado de proxectos titorizados polo profesorado.

Contía:

A contía individual da axuda non poderá ser superior a 500 € e será determinada pola comisión de selección

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 nunha titulación de Grao ou Máster dun mínimo de 45 créditos ou do máximo que lle permita a normativa da Universidade de Vigo.
  • Presentar un proposta de actividade realizada entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de agosto de 2019, das descritas no punto 1 desta convocatoria: modalidade A, B ou C
  • Contar co informe favorable dalgún membro do profesorado da súa titulación

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Quedan excluídas desta convocatoria as actividades relacionadas coa participación en programas de mobilidade tanto nacional como internacional

 

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

  • Proxecto no que se sinalará os obxectivos, natureza da actividade, datas e orzamento de custo do proxecto ou mobilidade.
  • Informe académico que acredite o contido e obxectivo formativo da actividade asinado por un/ha profesor/a da súa titulación.
  • O alumnado que accedeu ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html

Esta documentación debes subila a través do formulario no momento de facer a solicitude

Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas deberán:

a) Aceptar a bolsa no prazo de 15 días desde a resolución mediante escrito que enviado á Sección de Axudas e Bolsas. De non o facer se lle concederá a bolsa a seguinte persoa da lista de agarda

b) Presentar unha vez finalizada a actividade:

  • Memoria final da actividade na que se recollan as actividades realizadas, os obxectivos acadados e as competencias adquiridas.
  • Certificado de asistencia a actividade ou de ser o caso informe do/a profesor/a da UVIGO que acredite a participación na actividade subvencionada.
  • Facturas orixinais e documentos xustificativos do pago das mesmas.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

11/07/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

Alegacións ata o 26 de xullo

Documentos da fase da convocatoria:

11/09/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións ata o 25 de setembro

A contía individual máxima será de 500 € e tal e como establecen as bases da convocatoria está condicionada á presentación das facturas orixinais e outros documentos xustificativos dos custos realizados.

Documentos da fase da convocatoria:

01/10/2019_Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas

Descrición

Resolución Reitoral do 1 de outubro pola que se publica a listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás