Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o alumnado dos Mestrados Universitarios, 2018/19

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BMM
Data inicio solicitudes13/05/2019
Data fin solicitudes14/06/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5102
Descripción

Obxecto:

Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nun lugar diferente ao da sede do mestrado

Contía:

 

< 7 días gastos residencia

>= 7 días

>= 1 mes

Península e Baleares

200€

500€

750€

Canarias e resto de Europa

500€

750€

1.000€

Resto do mundo

750€

1.000€

1.000€

Desprazamento diario sen cambio de residencia

100 €

 

Requisitos
  1. Estar matriculado no curso 2018/2019, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, na totalidade dos créditos do 1º curso no caso dos mestrados de:
    • Química teórica e modelización computacional
    • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  2. Estar matriculado no curso 2018/19, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, a templo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que queden para finalizar os estudos no caso dos mestrados de:
    • Investigación química e química industrial
    • Enxeñaría de minas
    • Xenómica e Xenética
  3. Non estar en posesión dun título de mestrado oficial
  4. Realizar ao longo do curso 2018/19 algunha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a algún lugar diferente ao da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada. O formulario estará aberto ata as 14:00 h do último día de presentación de solicitudes

Documentación:

  • A certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado de telos feitos nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.
  • O currículo relacionado con estudos.
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou entidade; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación

Esta documentación debes subila a través do formulario no momento de facer a solicitude

Observacións

A cada persoa solicitante só se lle poderá asignar unha das axudas ofertadas dentro do seu mestrado agás no caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos nos que se poderá obter unha axuda por cada curso académico

As persoas beneficiarias das bolsas deberán presentar a documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada no prazo de 1 mes desde a finalización da actividade

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 37 61
Correo electrónico: areabolsasformacion@uvigo.es
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

25/06/2019 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas

Observacións

Non habendo solicitudes excluídas, non se establece prazo de alegacións e trasládanse os expedientes á Comisión Académica de cada mestrado

Documentos dunha fase de convocatoria:

23/07/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas

Observacións

Alegacións ata o 20 de agosto

Infórmase que o Rexistro da Universidade de Vigo permanecerá pechado do 7 ao 19 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás