Secretaría Uvigo

Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ó desenvolvemento e RS, 2018/2019

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2020 PREMIO-Axenda 2030
Data inicio solicitudes08/05/2019
Data fin solicitudes20/08/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5099
Descripción

Obxecto:

Recoñecemento dos traballos de fin de Grao e Máster realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados

Contía:

A contía máxima do premio será o importe dos prezos públicos por servizos académicos dos estudos de máster ou doutoramento dos que se matricule o alumnado no curso 2019/2020 ata o esgotamento do crédito respectando a orde de prelación resultante en cada rama

Premios:

Artes e Humanidades: 1

Ciencias e Ciencias da Saúde: 1

Ciencias Sociais e Xurídicas: 2

Enxeñaría e Arquitectura: 2

 

 

Requisitos
  1. Ter superado o Traballo Fin de Grao ou Máster durante o curso 2018/2019 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos.
  2. A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:
  • Axenda 2030: Todo tema relacionado con 17 obxectivos de desenvolvemento sostible: Fin da pobreza, Fame cero; Saúde e benestar; Educación de calidade; Igualdade de xénero; Auga limpa e saneamento; Enerxía accesible e non contaminante; Traballo decente e crecemento económico; Industria, innovación e infraestrutura; Redución das desigualdades; Cidades e comunidades sostibles; Produción e consumo responsables; Acción polo clima; Vida submarina; Vida de ecosistemas terrestres; Paz, xustiza e institucións sólidas e Alianzas para acadar os obxectivos.
  • Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos;  ONG e outros actores da cooperación ONG; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
  • Responsabilidade social corporativa: políticas publicas inclusivas; políticas públicas para a igualdade de xénero; inclusión de persoas con discapacidade no emprego público; definición de valores públicos; actuación responsable nas organizacións públicas e privadas; código ético nas organizacións públicas e privadas; deseño de plans de voluntariado nas organizacións públicas e privadas; mellora nas xestión de prevención de riscos laborais.
Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

  • Memoria de non máis de 10 páxinas nas que se describa as características do traballo
  • Informe do director/a do traballo
  • Unha copia do Traballo Fin Grao / Traballo Fin de Máster

Debes subila nun ficheiro a través do formulario no momento de facer a solicitude

Dado que o 7 de agosto é inhábil o prazo de solicitudes finaliza o seguinte día hábil que é o 20 de agosto.

Observacións

As persoas con premio concedido non terán que realizar o pagamento dos prezos por servizos académicos no momento da matrícula agás no caso de que o importe da bolsa non supoña a exención total. No caso de realizar o pagamento serán obxecto de devolución

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás